Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gin tonic do país fronte á escaseza de xenebras internacionais

Gin tonic do país fronte á escaseza de xenebras internacionais

O desabastecemento das marcas máis consumidas podería ser unha oportunidade para os destilados galegos

O Nadal ten como obxectivo conquistar os consumidores máis próximos

G24.gal 17/11/2021 15:01

Os amantes do gin tonic poden estar tranquilos. Aínda que é posible que neste Nadal non atopen a súa marca de cabeceira, quédalles por descubrir un amplo universo, o das xenebras galegas. 

"É unha oportunidade para medrar no mercado nacional e que a xente que aínda non probou a xenebra galega se anime", explica José Albela, xerente de Galician Original Drinks.

Na súa destilería de Vedra naceu Nordés, a primeira e máis coñecida xenebra galega. Despois viñeron outras moitas marcas locais, con propostas para todos os gustos e un elemento en común, a calidade dos destilados.

"En Galicia témolo todo, hai auga, cereais e unha longa tradición de destilados". di José Albela.

O sector nota a escaseza de botellas e tapóns e teñen dificultades para chegar aos mercados internacionais. Por iso, neste Nadal o obxectivo é conquistar os consumidores máis próximos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade