Publicador de contidos

Publicador de contidos

Germán Parreño recoñece que o Dépor chegou a ilusionarse con xogar polo ascenso

Germán Parreño recoñece que o Dépor chegou a ilusionarse con xogar polo ascenso

Di estar "motivado" para cumprir o seu contrato e seguir un ano máis no Deportivo

Foto Deportivo
G24.gal 21/05/2025 15:20 Última actualización 21/05/2025 15:30

Germán Parreño non sente o peso da suplencia coa que lle tocou convivir esta tempada como unha laxa que o afaste do Deportivo. O porteiro pasou por rolda de prensa na mañá deste mércores e recoñeceu que a pesar de xogar tan só tres encontros e ter altibaixos no psicolóxico, sente "motivado" para cumprir o seu contrato e seguir un ano máis no Dépor.

Con todo, tampouco quixo obviar que unha relación contractual "pode cambiar da noite para a mañá, como en calquera traballo".

Germán Parreño recoñece que o Dépor chegou a ilusionarse con xogar polo ascenso.

"Todos nos ilusionamos con acadar algún obxectivo máis. Eu quero ascender e irme".

O porteiro alacantino volveu xogar, algo que non ocorría desde a segunda xornada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade