Gerard Piqué anuncia a súa retirada do fútbol
O do Almería deste sábado será o seu último partido como xogador en activo
Nun emotivo vídeo Gerard Piqué anunciou a súa retirada do fútbol. O mediático defensa do Barcelona abandona con 35 anos e criticado polo seu rendemento nos últimos tempos máis centrado nos negocios fóra do terreo de xogo.
Culers, us he de dir una cosa. pic.twitter.com/k3V919pm1T
— Gerard Piqué (@3gerardpique) November 3, 2022
Piqué marcou unha época no Barcelona e na selección española nos últimos quince anos. Foron trinta os títulos que conseguiu coa camisola do equipo no que se formou. Oito Ligas, tres Champions, sete Copas do Rei, tres Mundiais de Clubs ... o seu palmarés non ten fin. A iso hai que engadir o título de Campión do Mundo coa selección española en 2010 e o da Eurocopa no ano 2012. Con España xogou máis de cen partidos.
É a fin de Gerard Piqué dos terreos de xogo pero seguro que a súa figura continúa derrador do deporte. Organizador da Copa Davis, da Supercopa de España ou dono do Andorra na Segunda División o central promete seguir facendo cousas como adoita, ao grande.