Publicador de contidos

Publicador de contidos

Garaxes e baixos, sen acceso por novas obras no barrio ourensán de San Francisco

Garaxes e baixos, sen acceso por novas obras no barrio ourensán de San Francisco

Tras as obras pola enorme focha aberta na rúa Pena Trevinca, agora son os da rúa Monte Seixo perpendicular a esta, aos que se suman as consecuencias dos traballos

Dende hoxe non poden entrar nin saír dos baixos e garaxes situados nun patio común

 

G24.gal 23/02/2026 13:56

“Nin entrar, nin saír, sabe Deus cantos días e é un problema, tiña que ir con mercadoría, metela abaixo e despois quitala, segundo me faga falta, pero non pode entrar o coche, a ver como facemos”.

A rúa afectada é perpendicular á de Pena Trevinca, onde está esta fochanca de enormes dimensións. Agora o problema é que os baixos e garaxes deste patio tamén houbo que pechalos por obras.

“Non sei a qué se debe, pero debe ser polos problemas que hai aquí, debe haber algunha conexión”.

Os veciños entenden que a urxencia dos traballos apunta a que ambas obras deben estar relacionadas.

“Metéronse mergulladores dende Pena Trevinca ata o patio e foi cando viron todos eses problemas. Esto non é algo que que naza da noite para a mañá, polo que din é de moitos anos que se filtran esas canalizacións das pluviais moi mal, hai moi malas conexións… e claro, a empresa vai facer as reparacións que poida, pero aí non sabemos se todas as comunidades, todos os veciños da mazá van ter que facer obras. Eso é o que informou o outro día alguén do concello”.

Contan que os traballos aquí comezaron o venres pasado.

“Xa levan dous ou tres buratos por atrás tamén, moito máis pequenos que ese de ahí pero xa levan dous ou tres. Os dos garaxes non os informaron pero puxéronlles uns paeliños na persiana, o resto ouvimos o ruído pero non sabemos de que vai o tema, se ten que ver ou non”.

Os veciños din que polo de agora non está clara a orixe dun problema que xa viviron no barrio hai catro décadas.

“O outro día estiveron mirando aí e parece que debaixo da rampla esa que hai un baleiro de terra enorme, que cabe un coche, oín ese comentario. Mesmo veu un mergullador non sei se de Vigo, se da Coruña que se meteu polo sumidoiro, porque non saben cal é a orixe desto”.

Din que ademais dos problemas de tráfico quedaron sen moitas prazas para aparcar no barrio. Piden unha alternativa para unhas obras que sospeitan van alongarse no tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade