Publicador de contidos

Galicia traballa na adaptación dos contidos académicos á LOMLOE

Galicia traballa na adaptación dos contidos académicos á LOMLOE

Á Xunta correspóndelle fixar o 50 % do currículo

Cordinaron contidos con máis de 130 profesionais 

Reunión de traballo para fixar os novos contidos académicos
G24.gal 02/11/2021 12:27

Galicia está traballando na adaptación dos currículos educativos á nova lei estatal, a LOMLOE. 
Os cambios van desde infantil ata bacharelato.

Hoxe houbo reunión entre a Consellería de Educación e máis de 130 profesionais para fixar eses contidos que van ter que estudar os rapaces.

Galicia fixa un 50 % do currículo e o Goberno central a outra metade. Na Xunta cren que o Ministerio vai con atraso e pídenlle que publique a súa parte antes de final de ano.  Do contrario, ven complicado que os novos contidos estean adaptados para o inicio do curso 2022-2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade