Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia, con 35 sendeiros azuis, é a comunidade con máis itinerarios deste tipo

Galicia, con 35 sendeiros azuis, é a comunidade con máis itinerarios deste tipo

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, asistiu ao izado da bandeira do de Caión

G24.gal 11/03/2023 14:47 Última actualización 11/03/2023 15:11

Os chamados sendeiros azuis comunican os portos e as praias distinguidas coa bandeira azul de calidade. Este ano Galicia suma un total de 35, seis máis ca en 2022. É a comunidade con máis itinerarios deste tipo de toda España.

Na parroquia de Caión, no concello da Laracha, está o do Saldoiro, un itinerario de dous quilómetros polo litoral que se estende ata o areal de Baldaio.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, asistiu ao acto de izado da bandeira que recoñece o valor desta senda como recurso para gozar da natureza e para interpretar a contorna desde unha perspectiva medioambiental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade