Galicia rexistra a maior suba de casos activos desde finais de xullo
Galicia rexistra a maior suba de casos activos desde finais de xullo
Aumentan os casos activos en todas as áreas sanitarias, agás na de Pontevedra
Os casos activos seguen aumentando e xa están por enriba dos 580. Hai 48 persoas máis con coronavirus que na xornada anterior, en total 581.
Tamén aumentan os novos casos detectados por probas diagnósticas. Rexistráronse 76 contaxios.
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 152 (+18)
Vigo: 81 (+1)
Ourense: 138 (+12)
Santiago: 55 (+5)
Lugo: 50 (+7)
Pontevedra: 55 (-2)
Ferrol: 50 (+7)
Tamén ascende o número de persoas hospitalizadas en planta (+2) e mantense a cifra de ingresados en UCI. En total, hai 28 persoas en planta e seis en UCI. Pola súa parte, o Sergas non notificou decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas.
Mapas de incidencia por concellos