Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia suma casos activos a menor ritmo e reduce a presión hospitalaria

Galicia suma casos activos a menor ritmo e reduce a presión hospitalaria

Hai 342 persoas coa covid ingresadas, oito menos ca este venres

Rexistráronse 1.716 novos contaxios e notificáronse seis falecementos

G24.gal 12/03/2022 10:10

Galicia mellora os seus indicadores epidemiolóxicos. Segundo os últimos datos facilitados polo Sergas, nas últimas horas rexistráronse 1.716 novos contaxios, 146 menos ca este venres. 

A presión hospitalaria continúa en descenso. Un total de 342 persoas coa covid permanecen ingresadas nas distintas áreas sanitarias (-8). Nestes momentos, hai 316 doentes en planta (-7) e 26 nas UCI (-1).

As infeccións medran pero a menor ritmo. Este sábado, contabilízanse 19.915 casos activos. Son 474 máis que na xornada anterior, pero a metade do incremento rexistrado o venres.

Por áreas sanitarias, o repartimento de casos activos é o seguinte:

A Coruña: 4.073 (+174)

Vigo: 3.587 (+80)

Ourense: 2.898 (+92)

Santiago: 3.269 (+1)

Lugo: 2.406 (+51)

Pontevedra: 2.406 (-1)

Ferrol: 1.269 (+76)
 

Sanidade comunicou o falecemento de seis persoas coa doenza nas últimas horas. O número de vítimas mortais dende o inicio da pandemia ascende a 3.151.

Mapas de incidencia

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade