Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia sub-14 buscará o pase á final do Campionato de España ante Cataluña

Galicia sub-14 buscará o pase á final do Campionato de España ante Cataluña

O combinado galego caeu ante Andalucía en foi segunda do seu grupo

G24.gal 19/06/2022 16:06

O combinado galego sub-14 xa estaba clasificado para a seguinte rolda tralas dúas primeiras vitorias na fase de grupos. Pero no encontro disputado na matinal do domingo no Manolo Barreiro da Xunqueira, en Pontevedra,  xogábase o primeiro posto ante Andalucía. A derrota obriga aos rapaces de Jesús López a enfrontarse a Cataluña, primeiro do outro grupo, na semifinal do vindeiro martes. 

O Galicia en goles estivo no partido e conversou co técnico e dous xogadores. López analizou a derrota.

"Eran moi bo equipo, teñen nivel individual moi alto. Non saímos ben no 1º tempo pero melloramos no segundo. Eramos dous equipos que queriamos ter o balón, e estivemos incómodos, non atopabamos o noso lugar. Cando xogamos máis directo, xa estivemos mellor. O obxectivo cos rapaces era estar nas semifinais. O que queriamos hoxe era saír con boas sensacións. Creo que podemos competir con calquera equipo, cando menos para poñerllo difícil"

Publicidade
Publicidade
Publicidade