Galicia segue sumando ingresos por coronavirus tanto en planta como nas UCI
O Sergas notificou oito falecementos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas

Continúa o aumento das hospitalizacións por covid-19 en planta (+20) e nas UCI (+1), achegándose aos 600 ingresos. En total, hai 568 e 15 persoas hospitalizadas, respectivamente.
Pola súa parte, os contaxios diarios tamén aumentan e pasan dos 1.000, en concreto 1.206, a pesar de que xa non se contan os casos leves de covid–19.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
En canto aos casos activos, estes soben tamén, pero lixeiramente (+166), deixando o total en 11.672.
O Sergas notificou oito decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas, que alza a cifra a 3.240 falecementos desde o inicio da pandemia.