Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia segue restando o número de casos activos e de persoas ingresadas por covid

Galicia segue restando o número de casos activos e de persoas ingresadas por covid

Aumentan lixeiramente os contaxios diarios

O Sergas notificou cinco decesos por mor da covid nas últimas 24 horas

Jessica Fernández 16/02/2022 10:07

Os casos activos continúan baixando (-1966) por décimo día consecutivo. En total, hai  34.139 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan lixeiramente con respecto ao día de onte e rexístranse 2.436 nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 7.557 (-395)

Vigo: 7.336 (-536)

Ourense: 3.648 (-196)

Santiago: 6.030 (-277)

Lugo: 3.601 (-216)

Pontevedra: 3.818 (-245)

Ferrol: 1.751 (-92)

En canto á presión hospitalaria, esta diminúe notablemente tanto en planta (-24) como nas UCI (-5). En total, hai 624 ingresos en hospitais, 587 e 37 respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou cinco decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.056 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade