Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia quere empezar a vacinar coa dose de reforzo os maiores de 30 anos a semana que vén

Galicia quere empezar a vacinar coa dose de reforzo os maiores de 30 anos a semana que vén

A vacinación do grupo de 40 a 49 anos está a punto de concluír a finais desta semana

G24.gal 10/01/2022 14:49

A vacinación do grupo de 40 a 49 anos está a punto de concluír a finais desta semana. E o Conselleiro de Sanidade Xulio García Comesaña expresou a súa confianza en que o Ministerio de Sanidade cumpra co seu compromiso de non deter a vacinación e permita comezar co seguinte grupo, o de 30 a 39 anos, a comezos da semana que vén.  

Explicou tamén Comesaña o momento de extraordinaria presión que atravesa Atención Primaria e dixo que tal e como en anteriores vagas os farmacéuticos asumiron tarefas como a comunicación de positivos, o Sergas está pensando tamén noutro persoal sanitario para asumir tarefas administrativas que poidan despexar o traballo do persoal dos centros de saúde.

O 76 % da ocupación nos hospitais segue correspondendo á variante delta, que xa non é dominante, e isto constataría que ómicron non causa tantos ingresos. As UCI están estables e agárdase que os datos de planta melloren hoxe, tras a fin de semana, en que non se tramitan altas. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade