Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia, por riba da media española na vacinación en todas as idades

Galicia, por riba da media española na vacinación en todas as idades

É a comunidade con mellor ritmo de inmunización

 

 


 

G24.gal 09/01/2022 13:27

A vacinación prosegue en Galicia coas doses de reforzo. Galicia é a comunidade con mellor ritmo de inmunización. Está por riba de media española en todas as franxas de idade.

A posta das terceiras doses como reflicten os datos de Sanidade sitúa á sanidade galega en lugar destacado. Comezamos polo grupo de idade con maior risco, os maiores de setenta anos, aquí Galicia supera o 93% dos galegos inmunizados con dose esa de reforzo.

Tamén por riba do 90%, está a a franxa de 60 a 69 anos, cun 92,98%. A diferenza coa media española é aínda máis notable se falamos da franxa de50 a 59 anos, en Galicia recibiron esta terceira dose máis do 88% e tan só un 36% no total do Estado.

Tamén considerable a distancia que hai nas persoas de 40 a 49 anos. Aquí máis dun 44% dos galegos xa se vacinaron, e aínda continúa esta semana a inmunización, a media española queda nun 19%.

    RITMO DE VACINACIÓN

DOSES DE REFORZO         GALICIA         ESPAÑA

+ 70 ANOS                 93,37%             88,61%,

60 A 69 ANOS                92,98%            78,23%

50 A 59 ANOS                88,61%             36,7%             

40 A 49 ANOS                44,65%             19,48% 
 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos