Cargando resultados...
Galicia podería converterse nunha das seis zonas con maior esperanza de vida do mundo
G24.gal
01/06/2024 15:30
Última actualización 03/06/2024 17:52
As chamadas Zonas Azuis son os territorios con maior esperanza de vida. Un comité científico internacional outorga esta distinción, que unicamente posúen cinco áreas en todo o mundo. E Galicia podería entrar nese selecto club.
Hai polo de agora zonas azuis en Italia, Grecia, Francia, Costa Rica e O Xapón. Nesta xuntanza en Lalín, a conselleira fala do estudo cos alcaldes das comarcas que poderían sumarse ao mapa das zonas máis lonxevas do mundo: Chantada, Terra de Lemos, O Ribeiro, Terra de Celanova e Deza.