Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia perdeu poboación, pero o saldo migratorio é positivo

Galicia perdeu poboación, pero o saldo migratorio é positivo

Galicia conta con 2.691.213 habitantes ao 1 de xullo de 2021

A poboación de España situouse ao termo do primeiro semestre deste ano en 47,32 millóns de persoas

G24.gal 16/12/2021 12:01

Galicia conta con 2.691.213 habitantes ao 1 de xullo de 2021, o que supón un descenso de 5.663 persoas no primeiro semestre do ano, segundo os datos provisionais que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística.

Hai un saldo vexetativo negativo no primeiro semestre, con 9.326 mortes máis que nacementos. Supón o terceiro peor dato entre comunidades, só por detrás de Andalucía (-10.169) e Comunidade Valenciana (-9.886).

Esta caída vese paliada cun saldo migratorio positivo en Galicia, tanto exterior (1.620 persoas máis) como entre comunidades (2.116 persoas máis). Galicia é a sexta autonomía con maior saldo exterior positivo.

Galicia perde a un 0,21 % da súa poboación nos primeiros seis meses de 2021, un descenso máis acusado que o da media española (-0,15%). Só catro comunidades teñen datos positivos neste período, con Murcia á cabeza (+0,20%).

España cae en 72.007 persoas

A poboación de España situouse ao termo do primeiro semestre deste ano en 47,32 millóns de persoas, o que supón un descenso de 72.007 habitantes respecto a 2020, algo que non ocorría desde 2016, debido a que houbo máis mortes que nacementos e apenas se incrementou o número de migrantes.

O Instituto Nacional de Estatística publicou este xoves os datos sobre poboación e migracións ao 1 de xullo do presente ano, no que se sinala que nos primeiros seis meses rexistráronse 157.184 nacementos, fronte a 227.920 defuncións, o que supón un saldo negativo de 70.736 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade