Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia participa en Londres na maior feira de turismo do mundo

Galicia participa en Londres na maior feira de turismo do mundo

A representación galega conta cun posto propio

G24.gal 07/11/2022 15:04

Galicia está presente na maior feira de turismo do mundo. Un escaparate en que amosaremos a nosa riqueza paisaxística e gastronómica para atraer máis turistas.

Londres acolle desde hoxe a World Travel Market. É xunto con Fitur e a feira de Berlín, a maior do mundo do sector turístico. Este ano celébrase con datos de participación que lembra ás edicións anteriores á pandemia.

Galicia vai ter unha presenza moi destacada, cun stand propio. Un espazo singular que tratará de atraer os turistas británicos cada vez máis demandantes das atraccións turísticas de Galicia.

O colofón do Xacobeo, o turismo etnográfico e náutico, as Rías Baixas, a Ribeira Sacra ou o roteiro das camelias están sendo os maiores puntos de atracción da feira.  

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, explicou que ata Londres viaxaron 27 representantes galegos do sector, coma o clúster, a Deputación da Coruña, ou concellos como os da Coruña e Santiago... "Agardamos que isto se traslade o ano que vén coa chegada de turistas de Inglaterra", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar