Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Bono Turismo para estadías e experiencias no outono suma máis de 7.000 descargas nas primeiras horas

O Bono Turismo para estadías e experiencias no outono suma máis de 7.000 descargas nas primeiras horas

Cada persoa poderá adquirir un máximo de dous bonos de 150 euros cos que obterá un desconto do 40 % 

O Bono Tursimo está dispoñible para a súa descarga desde as 09:00 deste venres 

G24.gal 18/07/2025 08:09 Última actualización 18/07/2025 14:15

Desde este venres está dispoñible para a súa descarga o Bono Turismo 2025 impulsado pola Xunta para incentivar a desestacionalización da actividade turística.

Desde as 09:00 da mañá pódense adquirir os bonos e nas primeiras horas rexistra máis de 7.000 descargas, o que supón case a metade dos 16.000 bonos dispoñibles.

Cada persoa poderá comprar un máximo de dous bonos, que serán cada un dun importe de 150 euros, dos que obterá un desconto do 40 % que achega a Xunta de Galicia.

O Director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacaba este venres o impacto desta iniciativa.

Estes bonos poderán gastarse desde mediados de setembro ata o Nadal. A Xunta inviste nesta campaña un millón de euros co obxectivo de mobilizar 2,5 millóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade