Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump pídelle aos donos de Coca Cola que muden o edulcorante do refresco

Trump pídelle aos donos de Coca Cola que muden o edulcorante do refresco

O mandatario asegura que os responsables da compañía empregarán azucare de cana natural no lugar de xarope de millo, un edulcorante artificial causante de sobrepeso

A multinacional non confirma esta medida, pero sí anuncia próximos cambios nos seus produtos

A multinacional non confirma esta medida
G24.gal 17/07/2025 21:07 Última actualización 17/07/2025 21:22

As ansias de Donald Trump por estender o seu poder a todos os ámbitos non ten paraxe. Agora, mesmo se atreve cun dos produtos cuxa fórmula permanece secreta e inalterábel dende hai máis dun século, a famosa coca cola.

O mandatario anunciou na súa rede social preferida, Truth, que os donos da bebida refrescante máis consumida no mundo, e tamén o seu refresco favorito, van atender o seu consello de cambiar o xarope de millo polo azucre de cana natural. Di que é para que sexa máis saudábel, ao eliminar os edulcorantes artificias, que son os maiores causantes de sobrepeso.

Os responsables da multinacional agradecen o entusiasmo de Trump. A compañía non confirmou a medida pero nun comunicado na súa web anuncia próximos cambios nos seus produtos.

Coca Cola achegou 300.000 mil dólares para os actos da toma de posesión do líder republicano. A medida, porén, non sentou nada ben os agricultores de millo americanos, que anuncian perdas importantes no futuro debido ao menor consumo do seu xarope.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade