Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia loitará na final por representar outra vez a España na UEFA Regions Cup

Galicia loitará na final por representar outra vez a España na UEFA Regions Cup

Derrotou a Castela-A Mancha na quenda de penaltis

O seu rival (domingo, 12:00 horas na G2) será Aragón, que se impuxo a Andalucía

G24.gal 15/03/2024 16:20 Última actualización 15/03/2024 17:55

O primeiro pulso por estar no duelo que definirá ao representante español na UEFA Regions Cup chegaba ás Rozas.

Castela-A Mancha e Galicia medían as súas forzas unha primeira semifinal á que o combinado galego chegaba como vixente campión. O guión escrito durante os primeiros 45 minutos, reflectiu a ambición de ambas as seleccións por disputar a final do domingo, sendo a igualdade a tónica dominante e tendo Kopa e Rodri as dúas ocasións máis claras do período.

A segunda parte converteuse nun calco da primeira, o físico das defensas impúxose aos intentos ofensivos e isto, xunto cunha grande actuación do meta manchego, Adrián, levou o partido á prórroga e posteriormente, aos penaltis.

Desde os once metros, Galicia logrou a vitoria e terá a oportunidade de loitar por volver representar a España na UEFA Regions Cup este domingo 17 de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos