Os equipos galegos entran no grupo norte da Primeira Federación
O Deportivo, o Lugo, o Arenteiro e o Celta B presentaran unha proposta común á federación solicitando ir con vascos e cataláns e non con andaluces
Tamén coñecemos os rivas dos equipos galegos no Grupo I da Segunda Federación

O Deportivo, o Lugo, o Arenteiro e o Celta B presentaran unha proposta común á federación española solicitando ir con vascos e cataláns e non con andaluces.
Esta foi a proposta aprobada, así que os equipos galegos terán como rivais: Ponferradina, Cultural, Unionistas, Sestao, Real B, R.Unión, Osasuna B, SD Logroñés, Tarazona, Teruel, Sabadell, Cornellá, Barça B, Nástic, Fuenlabrada e Majadahonda.
👉 Grupo I da @Primera_RFEF
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) June 27, 2023
📌 @CDeportivoLugo @RCDeportivo, @CanteiraCeleste @CD_Arenteiro pic.twitter.com/wpMv8nGGHy
Tamén coñecimos os rivas dos equipos galegos na Segunda Federación. Así queda o Grupo I: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Ourense CF, Fabril, Vilalbés, Avilés, Vetusta, Marino, Langreo, Covadonga, Zamora, Valladolid B, Guijuelo, Arandina, X.Torrelavega, R.Cantabria e Caión.
