Galicia lidera neste momento a administración das terceiras doses en adultos
Superado o millóns de doses de reforzo administradas, Galicia acada maior porcentaxe de cobertura
A adherencia ás doses de reforzo é de arredor dun 90 % nas persoas de 60 para arriba
A adherencia ás doses de reforzo é de arredor dun 90 % nas persoas de 60 para arriba.
A adherencia está sendo moi boa tamén na vacina pediátrica. Onte acudiron vacinarse o 85 % dos nenos que foron convocados. Datos positivos que, segundo os expertos, poderían axudar a dobregar a curva neste mes de decembro.
"Estamos preto. Eu creo que na semana que vén podemos acadar ese cumio e despois empezar a descender. Aínda que a ómicron e as festas do Nadal, engaden os expertos, poderían deixar unha onda de dobre pico", explica o catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública, Juan Gestal
Mentres se resolve, a estratexia é avanzar coas coberturas vacinais. España administrou xa 9 millóns de doses de reforzo, das que máis dun millón se inocularon en Galicia. Aquí temos as coberturas máis altas en maiores de 70 e practicamente duplicamos a media nacional en persoas de entre 60 e 69. Neste momento da pandemia, ese reforzo é, segundo os epidemiólogos, a mellor artillería contra o virus.
"A epidemioloxía non é igual en todas as ondas. Agora o importante é que a xente estea vacinada, que a xente reciba esas doses de reforzo e que se vacinen os nenos menores de 12", engade Gestal.
Os menores, porque son eles e seus pais os que disparan as incidencias neste momento. En menos de once a incidencia é de 862 casos por cen mil, e o grupo de idade 40-49 ten o segundo pero dato, con 619 de incidencia.
En relación á estratexia estatal que indica proseguir cos reforzos por idade, pero revacinar con ARN todos os que recibiron AstraZeneca, en canto pasen tres meses, os expertos consideran que é unha boa noticia.
"Potencia moito a resposta inmunitaria, entón claro, é un xeito de axudar a que estean máis protexidos que coas primeiras doses da vacina de AZ", celebra a inmunóloga África González.
A comisión de saúde pública ordena tamén priorizar as persoas de calquera idade que recibiron Janssen e que deben recibir un reforzo de ARN.