Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia duplica a media española de vacinados contra a covid

Galicia duplica a media española de vacinados contra a covid

O 80 % da poboación da poboación maior de 80 anos xa recibiu a cuarta dose de reforzo

G24.gal 06/11/2022 14:21 Última actualización 06/11/2022 21:27

En Galicia o 80 % da poboación maior de oitenta anos xa recibiu a cuarta dose da vacina contra a covid, que se está a administrar conxuntamente coa da gripe. Esta cifra sitúa a nosa comunidade 26 puntos por riba da media española. 

En pouco máis dun mes vacinaron o 79,8 % dos maiores de 80, o 69 % dos maiores de setenta e o 48 % na franxa entre os 60 e 69 anos. Os galegos e as galegas están sendo máis dilixentes que o resto de españois á hora de vacinarse da cuarta dose.   

"A xente eu penso que ten fe na sanidade e fannos caso, e fanlles caso ás autoridades sanitarias e simplemente acoden aos centros e vacínanse", conta coordinador de vacinación no Ifevi, Javier Alonso Pérez

O domingo no Ifevi montáronse nove puntos para dispensar a vacina, a bivalente de Pfizer. No tramo final desta campaña de administración da cuarta dose, que comezou nos grandes recintos en outubro, a maioría dos citados están entre os 60 e 69 anos. Tamén hai outra oportunidade para persoal sanitario e maiores de 70. 

A covid-19 segue entre nós. Non desapareceu. Hai 2.045 galegos contaxiados, 157 hospitalizados e 8 persoas en coidados intensivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar