Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia é a segunda comunidade autónoma española con máis renda media de patrimonio

Galicia é a segunda comunidade autónoma española con máis renda media de patrimonio

Só por detrás de Madrid, grazas a presenza de Amancio Ortega na nosa comunidade autónoma

G24.gal 06/09/2022 20:51 Última actualización 06/09/2022 20:58

Galicia é a segunda comunidade autónoma española, só por detrás de Madrid, que maiores fortunas acolle se atendemos ao patrimonio medio declarado.

Nestes datos ten moito que ver a residencia aquí do fundador de Inditex Amancio Ortega, que fai medrar ese patrimonio ata os 6 millóns de euros polos 10,3 de Madrid. 

Segundo os últimos datos publicados pola Axencia Tributaria sobre recadación, os contribuíntes con bens declarados de máis de 30 millóns de euros duplicáronse na última década en España, pasaron de 352 a máis de 700.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade