Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia é a protagonista dos actos do Día da Hispanidade na Arxentina

Galicia é a protagonista dos actos do Día da Hispanidade na Arxentina

O presidente da Xunta destacou a fortaleza dos lazos entre os dous territorios

Alfonso Rueda dixo que Galicia é unha terra de oportunidades que aposta polo retorno

G24.gal 10/10/2025 20:27 Última actualización 10/10/2025 20:53

Galicia foi a convidade de honra na celebración do Día da Hispanidade en Bos Aires.

Alfonso Rueda dixo que a colectivade galega na Arxentina axudou a manter viva a identidade de Galicia.

No acto, Rueda tamén puxo en valor a marca Galicia Calidade. 

"É unha mostra ao mundo desa Galicia potente, moderna, que se renovou, que ten empresas de referencia a nivel mundial, todo iso é Galicia Calidade", afirmou.

Alfonso Rueda animou todos os arxentinos a facer o Camiño: "Cando remate este ano ao redor dun millón de peregrinos de todas partes, moitos de América e moitos de Arxentina, cada vez máis, nos visitan. É unha ocasión para coñecernos e para devolverlles todo o que nos deron".

O presidente da Xunta asegurou que Galicia é terra de oportunidades. A primeira edición da Estratexia Galicia Retorna permitiu o regreso de 28.000 persoas e o obxectivo é sumar outras 30.000 ata 2026. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade