Publicador de contidos

Publicador de contidos

BNG e PSdeG denuncian "ocultación" de informes da Sociedade Impulsa por parte da Xunta

BNG e PSdeG denuncian "ocultación" de informes da Sociedade Impulsa por parte da Xunta

O BNG presentará recurso contencioso-administrativo para acceder á documentación de Altri

O PSdeG eleva unha queixa á Presidencia do Parlamento 
 

G24.gal 10/10/2025 14:06

O portavoz de Medio Ambiente do BNG, Luis Bará, anunciou este venres que a súa formación presentará un recurso contencioso administrativo para acceder, vía xudicial, a toda a documentación que teña que ver coa Sociedade Impulsa e Altri, e que se negou pola canle parlamentaria.

Bará xustificou este paso nas continuas negativas da Xunta a acceder a esta documentación que "levamos reclamando desde hai ano e medio" e que afecta unha sociedade que era público-privada.

Polo tanto, "empezamos trámites para levar esta cuestión ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)" xa que existen "indicios fundados" da existencia de trato de favor da Xunta a Altri por medio das negociacións mediante a sociedade Impulsa.

Pola súa parte, os deputados do PSdeG Patricia Iglesias e Aitor Bouza avanzaron que o seu grupo elevou á Presidencia do Parlamento un escrito de queixa e unha solicitude de amparo pola "ocultación" da Xunta de diferente información e, en concreto, a relativa á sociedade público-privada Impulsa.

Iglesias -que é secretaria da Mesa- dixo que máis aló desta "queixa formal", no seu partido non descartan recorrer a "calquera tipo de vía" alternativa, porque a actuación da Xunta respecto a facilitar a información aos deputados "parece un pitorreo absoluto".

Así, ambos os parlamentarios denunciaron o "bloqueo e ocultación" da Xunta á documentación requirida polo Parlamento con respostas que mesmo supoñen unha "falta de respecto", sinalaron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade