Cargando resultados...
Galicia é a primeira comunidade en incorporar a protonterapia para tratar o cancro na sanidade pública
Galicia é a primeira comunidade en incorporar a protonterapia para tratar o cancro na sanidade pública
O Centro de Protonterapia de Galicia empezará a recibir pacientes a finais do ano que vén
G24.gal
06/12/2025 15:30
Última actualización 05/12/2025 21:21
Galicia vai ser a primeira comunidade de España en incorporar a protonterapia nos tratamentos contra o cancro dentro da sanidade pública.
É un tipo de radioterapia avanzada que, ata ben pouco, só se podía recibir no estranxeiro. A partir do ano que vén estará dispoñible no Servizo Galego de Saúde.
A previsión é que o Centro de Protonterapia de Galicia, situado en Santiago, empece a tratar pacientes a finais de 2026.