Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia continuará este xoves baixo o efecto das borrascas atlánticas

Galicia continuará este xoves baixo o efecto das borrascas atlánticas

Activo un aviso amarelo por ventos superiores aos 80 km/h

Esta madrugada repetíronse as tronadas con aparato eléctrico Esta madrugada repetíronse as tronadas con aparato eléctrico
G24.gal 27/10/2022 09:08

En boa parte de Galicia está activo hoxe un aviso amarelo por refachos de vento do sur que poden superar os 80 quilómetros por hora.  Afectaralle sobre todo ao suroeste e ao oeste da provincia da Coruña e tamén á montaña de Lugo e Ourense e mais á Mariña.

Esta madrugada, en que se repetiron as tronadas e os raios, Meteogalicia mantivo tamén activo, ata as seis, un aviso por choiva intensa de máis de 40 litros por metro cadrado.

O mal tempo continuará mañá. Seguirá chovendo con intensidade e zoará o vento forte. Estará activa a alerta por fortes refachos no mar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade