Galicia conta con 17 variedades autóctonas de tomate
Para identificar as castes, analízase cor, forma, acidez e azucre
No verán dispáranse o consumo e a produción
Só nesta hectárea do horto urbano de Lugo podemos atopar ata 60 variedades diferentes de tomate.
Galegos como o corazón de boi, o mar azul ou o negro de Santiago e outros de fóra como os cherry ou os pera.
Á parte das hibridacións que se producen de xeito natural ou forzado.
O seu cultivo é doado, a produción pode durar ata cinco meses e as formas de consumilo son case infinitas.
A non utilización de pesticidas nin fertilizantes químicos pode reducir a produción, pero, a cambio, obtense un froito moito máis carnoso e cun sabor e un aroma de elevada intensidade. Por non falar da súa superior salubridade. Aínda que tamén pode influír o valor sentimental que se lle dá a aquilo que un mesmo cultiva.
Para diferenciar as castes de tomate mídense 15 parámetros entre os que están a forma do froito, o grao de acidez ou a cantidade de azucre.