Galicia comeza a administrar a segunda dose da vacina a menores de 5 a 11 anos
Galicia é a comunidade co maior porcentaxe de vacinación infantil contra a covid
O 81,9 % dos nenos e nenas galegos puxeron xa a primeira dose da vacina

Galicia comeza este mércores o proceso de administración da segunda dose da vacina contra a covid a menores de 5 a 11 anos de idade, que xa comezaron a ser citados hai unha semana.
Faino horas despois de recibir unha nova remesa de vacinas. Foron en total 118.530 doses da vacina as que lle foron entregadas ao Sergas.
O último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade ata o día 6 deste mes de febreiro, Galicia vacinou a 125.392 menores de 5 a 11 anos con polo menos unha dose, dunha poboación diana desas idades de 153.059, o que supón o 81,9 %. Deste xeito, mantense á cabeza das comunidades autónomas na inmunización destes nenos -a media de España sitúase no 55,6 %-.