Cargando resultados...
Galicia baixa das 500 hospitalizacións por covid-19
O Sergas notificou tres decesos por mor do coronavirus nas últimas 24 horas

Jessica Fernández
06/04/2022 10:21
Continúan descendendo os ingresos de persoas con coronavirus tanto en planta (-24) como nas UCI (-2). En total, hai 465 e 14 persoas hospitalizadas respectivamente.
Pola súa parte, aumentan os contaxios diarios con respecto ao día anterior e rexístranse 1.013, a pesar de que xa non se contan os casos leves de covid-19.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
En canto aos casos activos, estes seguen baixando (-1.031) e xa están nos 11.605.
O Sergas notificou tres decesos por mor da covid nas últimas 24 horas, que alza a cifra a 3.231 falecementos desde o inicio da pandemia.