Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia aspira ao "abandono cero" de mascotas coas axudas para a adopción

Galicia aspira ao "abandono cero" de mascotas coas axudas para a adopción

A Xunta outorga, por segundo ano, axudas de entre 125 e 150 euros aos usuarios que adopten para que fagan fronte "aos primeiros gastos"

Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, convida os concellos a unirse á liña de axudas para esterilizacións e microchips

(Joel Carrett/AAP) (Joel Carrett/AAP)
G24.gal 15/05/2025 11:54

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, manifestou que a Xunta ten o compromiso de lograr o "abandono e maltrato cero" de animais de compañía e lembrou que hai liñas de axudas para adoptar cans e gatos en centros de acollida.

Nun acto este xoves en Oleiros, Vázquez detallou que os centros de acollida están "cheos" e que é clave concienciar a sociedade da importancia de adoptar.

"A Xunta aposta polo abandono e maltrato cero", expuxo, á vez que lembrou que Galicia foi "unha das primeiras comunidades en lexislar e agora en dar axudas para que as persoas elixan a opción de adoptar un can ou un gato".

O Goberno galego outorga axudas de entre 125 e 150 euros aos usuarios que adopten para que fagan fronte "aos primeiros gastos, como poden ser as vacinas". O primeiro ano, a convocatoria tivo 240 solicitudes e este 2025 xa rexistra 124.

"É fundamental ter conciencia do que queremos. Os animais fannos máis humanos e dannos grandes leccións", comentou, á vez que convidou os concellos a unirse á liña de axudas para esterilizacións e microchips.

Tamén as protectoras poden ser beneficiarias para afrontar gastos de alimentación dos animais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade