Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia acolle case un milleiro de persoas que fuxiron da guerra en Ucraína

Galicia acolle case un milleiro de persoas que fuxiron da guerra en Ucraína

Algunhas que chegaron ao inicio do conflito retornaron polas dificultades para acceder ao mercado laboral

Poboación ucraína en Galicia Poboación ucraína en Galicia
G24.gal 09/10/2022 13:34 Última actualización 09/10/2022 14:16

A maior parte da poboación ucraína refuxiada que chegou a Galicia dende o inicio da guerra non agocha as ganas de volver ao seu país.

Levan máis de medio ano na nosa comunidade e a situación nas súas cidades ou vilas de orixe non mellora. Tampouco se albiscan cambios a medio prazo.

Pese a isto, algunhas persoas decidiron retornar á casa, sobre todo polas dificultades de acceso ao mercado laboral.

Antes da guerra, Galicia non contaba cunha comunidade ucraína. Agora, acolle case un milleiro de persoas procedentes dese país, segundo o Instituto Nacional de Estatística.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade