España investirá 50 millóns extra en armas estadounidenses para a defensa de Ucraína
Rutte reclamara maior contribución dos países no cumio da OTAN
A reunión, marcada polos cambios no movemento de tropas estadounidenses en Europa
Trump dá marcha atrás e anuncia a despregadura de 5.000 soldados en Polonia
O ministro español de Exteriores defendeu no cumio da OTAN que España é un socio fiable. E ante os reproches pola súa menor contribución, anunciou un investimento extraordinario para mercar armamento estadounidense.
José Manuel Albares confirmou que España comprometera 50 millóns de euros extra ao mecanismo para garantir a defensa ucraína. O anuncio responde á petición previa do secretario xeral da OTAN, Mark Rutte.
Pero o cumio de Suecia estivo tamén marcado pola decisión de Trump de enviar 5.000 soldados a Polonia despois de anunciar que retiraba ese dispositivo e ordenaba a saída de 5.000 de Alemaña.
O secretario de Estado estadounidense, Marco Rubio, negou desde Suecia que os movementos de tropas en Europa sexan unha medida punitiva, senón que responde a ter que atender outros compromisos globais.
A OTAN asume que os Estados Unidos irán reduncindo a súa presenza en Europa, pero pide previsibilidade.