Publicador de contidos

Publicador de contidos

SpaceX volve tentar o lanzamento do Starship na madrugada deste sábado

SpaceX volve tentar o lanzamento do Starship na madrugada deste sábado

O foguete "máis grande e potente xamais construído" non conseguiu engalar este venres despois de tres intentos

G24.gal 22/05/2026 21:48 Última actualización 22/05/2026 23:05

SpaceX intentará de novo probar a nova versión do foguete Starship á unha e media da madrugada deste sábado, hora españoa, segundo anunciou Dan Huot, portavoz de SpaceX.

O equipo de SpaceX intentou este venres de madrugada en tres ocasións iniciar a engalaxe, cunha conta atrás, pero o foguete atopouse con problemas técnicos que, finalmente, levaron a suspender o lanzamento.

"É un novo foguete, unha nova plataforma. Estamos aprendendo moito sobre estes novos sistemas mentres os poñemos en operación por primeira vez”, explicou Huot.

Esta proba, a primeira de 2026 que leva a cabo SpaceX, supuxo o debut da terceira xeración do Starship (V3), que a empresa asegura que é o foguete "máis grande e potente xamais construído".

A misión é a primeira en utilizar a configuración V3 tanto no propulsor Super Heavy como na etapa superior Starship. SpaceX busca estrear ademais unha segunda plataforma de lanzamento e os novos motores Raptor 3.

Se o novo intento é exitoso, o propulsor Super Heavy deberá completara engalaxe, a separación de etapas e unha amaraxe controlada no Golfo de México, sen intentar o regreso á plataforma para ser capturado, ao tratarse, precisa a compañía, do "primeiro voo de proba dun vehículo significativamente redeseñado", segundo detallou SpaceX nun comunicado.

Unha vez no espazo, na súa fase de voo orbital, Starship despregará 22 satélites de proba de Starlink e reacenderá un motor Raptor no baleiro. O obxectivo deste lanzamento de proba é intentar que o Starship alcance a órbita da Terra.

A proba do Starship ten lugar nun momento crítico para a carreira espacial civil. A NASA segue de preto o programa, xa que necesita a versión Block 3 de Starship para trasladar os seus astronautas á superficie lunar na misión Artemis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade