Publicador de contidos

Publicador de contidos

Irán e os EUA negocian os últimos detalles do pacto para reabrir Ormuz

Irán e os EUA negocian os últimos detalles do pacto para reabrir Ormuz

Donald Trump asegura que o acordo de paz con Teherán se anunciará "proximamente"

Teherán e Washington constatan avances nas negociacións coa intermediación de Paquistán

Trump nun recente acto en Nova York. REUTERS/Kylie Cooper Trump nun recente acto en Nova York. REUTERS/Kylie Cooper
G24.gal 24/05/2026 09:37 Última actualización 24/05/2026 10:09

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asegura que se están a negociar os últimos detalles dun acordo de paz con Irán que incluiría a reapertura do estreito de Ormuz.

Segundo publica na súa rede Truth Social tras manter contactos telefónicos cos seus aliados do golfo Pérsico e con Israel, o pacto anunciarase "proximamente".

"Actualmente estanse discutindo os aspectos e detalles finais do acordo, que se anunciarán proximamente. Alén de moitos outros elementos do acordo, abrirase o estreito de Ormuz", declarou.

O mandatario explica que mantivo "unha conversa produtiva" cos líderes de Arabia Saudita, os Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Turquía, Exipto, Xordania e Barhein, alén do mariscal paquistaní Asim Munir, que exerce como mediador.

Con eles, dixo, negociou un "memorando de entendemento sobre a paz con Irán", que está pendente de finalización. Do mesmo xeito, falou co primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, unha charla que, segundo o magnate, "transcorreu moi ben".

Buques polo estreito de Ormuz dende Omán. REUTERS Buques polo estreito de Ormuz dende Omán. REUTERS

Avances significativos

O anuncio de Trump prodúcese despois de que o Ministerio de Exteriores iraniano, o secretario de Estado dos EUA, Marco Rubio, e os mediadores paquistanís afirmaran este sábado que se lograran avances significativos nas negociacións de paz.

O republicano cancelou o venres os seus plans de fin de semana en Nova Jersey e regresou a Washington para seguir as negociacións e reunirse na Casa Branca co seu gabinete de seguridade, incluídos os mediadores estadounidenses Steve Witkoff e Jared Kushner.

Durante as últimas semanas, os Estados Unidos e Irán intercambiaron propostas de acordo a través de Paquistán, pero Trump expresou a súa frustración pola falla de compromiso de Teherán para deixar de enriquecer uranio.

De feito, ameazou con retomar a ofensiva militar, rompendo o cesamento do fogo vixente desde o mes de abril, e "voar polos aires" a República Islámica.

Outro dos escollos importantes é a intención de Irán de cobrar peaxes para transitar polo estreito de Ormuz, unha vía chave para o comercio mundial de cru que Teherán bloqueou en represalia pola ofensiva lanzada en febreiro por Washington e Tel Aviv.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade