Gracia e Santomé, dous galegos no IFF de Rotterdam, con Begoña Vázquez
Alberto Gracia presenta en La parra a parte máis decrépita e decadente de Ferrol coa ruína posterior as reconversións naval e industrial
Alguén me chamou serpe negra, de Borja Santomé, opta por unha arte automática e improvisada entre o clarescuro e a luminosidade absoluta
A película de carteleira recomendada da semana: A zona de interese, de Jonathan Glazer
Begoña Vázquez achéganos dúas producións galegas que van verse esta fin de semana no Festival Internacional de cine de Rotterdam, dos máis prestixiosos e experimentais de Europa.
Son a película La parra, de Alberto Gracia, e a curtametraxe de animación Alguén me chamou serpe negra, de Borja Santomé. La parra compite na sección oficial e conta unha historia de decadencia persoal e desampardo absoluto protagonizada por Alfonso Míguez.
A curta Alguén me chamou serpe negra, de Santomé, xa pasou por festivais galegos como Curtocircuíto e o de Noia. Non é unha animación tradicional, senón que se achega máis ás vangardas pictóricas.
Begoña Vázquez tamén recomenda o último filme de Jonathan Glazer A zona de interese, finalista a cinco premios Óscar, entre eles mellor película, mellor director e mellor son. Un filme estarrecedor sobre a indiferenza ante o mal.