Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gabri Veiga xoga o último cuarto de hora na estrea do Europeo Sub-21

Gabri Veiga xoga o último cuarto de hora na estrea do Europeo Sub-21

A selección española gañoulle por 0-3 a Romanía

G24.gal 21/06/2023 22:59

A Selección Española Sub-21 comezou o camiño do Europeo con triunfo sobre unha das anfitrioas. Romanía non foi rival para o equipo de Santi Denia, que gañou por 0-3. Todos os goles chegaron na segunda metade. 

Agardábase a estrea de Gabri Veiga, pero houbo que esperar ata o minuto 74 para que entrase no terreo de xogo. O xogador do Celta non foi titular. 

España fallou un feixe de ocasións na primeira metade, pero na segunda non perdoou. O centrocampista do Vilarreal Álex Baena abriu a conta no 56. Cinco minutos máis tarde Miranda anotaba o segundo e deixaba o triunfo moi encamiñado. No último minuto do engadido Sergio Gómez, con certa dose de sorte, marcaba o definitivo 0-3.

O seguinte partido da selección española será contra Croacia, o vindeiro sábado ás 20:45. Os croatas perderon con Ucraína por 2-0. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade