Cargando resultados...
Gabri Veiga resiste o bombardeo de preguntas sobre o seu futuro
O porriñés aguantou a remesa de preguntas que lle fixeron sobre o Real Madrid, o Nápoles, a Premier... na concentración coa selección sub21
G24.gal
11/06/2023 13:30
Todas as olladas da prensa que segue a selección sub21 estaban postas na perla do mercado, o xogador do Celta Gabri Veiga. O porriñés non entrou no xogo e soubo esquivar á perfección todas as cuestións que lle fixeron.
O Real Madrid, o que custou Bellingham, o Nápoles, a Premier... Cada unha das cuestións recibiu a mesma cantiga: "Non estou pensando no futuro máis aló do Europeo coa sub 21". A Gabri non lle sacaron nin unha declaración malia que lle deron todas as voltas posibles.