Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gabri Veiga porá rumbo a Arabia Saudita: fichará polo Al Ahli

Gabri Veiga porá rumbo a Arabia Saudita: fichará polo Al Ahli

O conxunto de Arabia pagaría 35 millóns de euros, cando a súa cláusula de rescición estaba nos 40

Rafa Benítez: "O club non quería vender a Gabri. Cámbialle a vida a el e á súa familia"

G24.gal 24/08/2023 10:20 Última actualización 24/08/2023 13:24

Á falta de confirmación oficial, Gabri Veiga vai fichar polo Al Ahli de Arabia Saudita.
Parecía que o futuro do porriñés estaba no Nápoles, pero a operación complicouse ata descarrilar. 

Veiga vai poñer destino na emerxente Liga saudita, onde xa están estrelas como Cristiano Ronaldo ou Benzema.

O conxunto de Arabia pagaría 35 millóns, cinco millóns menos do establecido na cláusula de rescisión. “Hai que analizalo con dor pero buscando o beneficio do club. O presidente non quería vender ao xogador pero atópase ante unha situación moi beneficiosa para o club”, dixo Rafa Benítez na conferencia de prensa deste xoves. 

O actual adestrador do Celta non entende como LaLiga “premia” os clubs españois que “non” xestionan ben os seus recursos económicos e “penaliza” os que tiveron “unha xestión exemplar” desde o punto de vista económico. “Iso é o que lle está pasando ao Celta. Fixo un enorme esforzo para eliminar a súa débeda pero non pode crecer porque está limitado polo control financeiro”, denunciou.

Por iso, entende que os dirixentes celestes acepten unha oferta por Gabri Veiga inferior aos 40 millóns de euros fixada na súa cláusula de rescisión.

No seu novo equipo, Veiga coincidirá con futbolistas como o ex do Barça Kessié ou o brasileiro Firmino. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar