Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rafa Benítez: "O club non quería vender a Gabri. Cámbialle a vida a el e á súa familia"

Rafa Benítez: "O club non quería vender a Gabri. Cámbialle a vida a el e á súa familia"

O técnico sinalou que tal e como están as cousas a día de hoxe "se cadra, non che queda máis remedio que vender os teus activos"

Atlántico
G24.gal 24/08/2023 11:46 Última actualización 24/08/2023 11:53

O adestrador do Celta, Rafa Benítez, confirmou esta mañá, aínda que sen dicilo con esas palabras, que a situación de Gabri Veiga deu un cambio e que está preto de fichar polo Ao Ahli de Arabia Saudita. 

"Gabri explotou, dáse unha situación de mercado favorable. O club pretende non vendelo, o presidente é un namorado da canteira, pero o control financeiro e as posibilidades que se dan fan que vaia cambiando", indicou.

O técnico madrileño tratou de analizar o que suporía esta venda, de confirmarse, para todas as partes:

"Ao futbolista cámbialle a vida para ben. Pola súa idade, pode volver xogar en ligas máis competitivas, aínda que a árabe está a selo máis. É unha decisión que terá que tomar el. O club non quería vender e atópase nunha situación que pode ser beneficiosa co control financeiro que che limita".

Á pregunta de se é o ideal apostar por esa liga aos 20 anos que ten o porriñés, Benítez admitiu que non é o habitual, pero puxo un exemplo de que se pode volver con éxito a Europa tras esa experiencia: 

"Estiven na China e tiven a Carrasco, volve e está a xogar Champions. Non é un cemiterio de elefantes. Claro que se pode, non é o normal, pero xurdiu. A liga árabe veu co diñeiro e pode ser un cambio radical na súa vida, na nosa pode ser unha axuda importante. Non é que o queiras facer, é que se deu".

O técnico sinalou que tal e como están as cousas a día de hoxe "se cadra, non che queda máis remedio que vender os teus activos. E tes que traer un xogador que se cadra é moi bo, pero non se adapta, tes que estar a acertar sempre. Nos equipos con máis diñeiro, emendar eses erros é máis fácil".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade