Gabri Veiga continúa sen asentarse no equipo titular da sub-21
O centrocampista do Celta volveu entrar na segunda parte contra Croacia
Un gol de Abel Ruíz aos vinte segundos deulle o triunfo e a clasificación a España
A selección española impúxose por 1-0 a Croacia e clasificouse para as eliminatorias do Europeo sub21. España marcou aos vinte segundos de partido grazas a un tanto marcado por Abel Ruíz e acabou sufrindo diante dos croatas, que tentaron ata o final marcar o gol que impedise a súa eliminación. De todos os xeitos España fallou numerosas ocasións para sentenciar cun segundo tanto.
⚽️¡GOOOOOOOOL de España!
— Teledeporte (@teledeporte) June 24, 2023
Marca Abel Ruiz en el primer minuto del partido tras una buena jugada y un gran pase de Sergio Gómez #U21EURO
🇪🇸 1-0 🇭🇷
🔵Sigue el partido en @la2_tve y en @rtveplay: https://t.co/EXRT4EFW0V pic.twitter.com/6I5zTcjuJu
Gabri Veiga volveu ser suplente e saíu no minuto 62 en substitución de Sancet. Coincidiu cos minutos de menor dominio da selección española e o centrocampista do Celta non puido brillar. Agarda ter a súa oportunidade desde o principio no partido diante de Ucraína que pecha a fase de grupos.