Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gabri Veiga "Cada minuto no primeiro equipo é un soño"

Gabri Veiga "Cada minuto no primeiro equipo é un soño"

O canteirán falou sobre a espectacular vitoria ante o Sanse

G24.gal 22/01/2022 19:25

A goleada da xornada na 1ª RFEF chegou en Matapiñorena. O Celta B mallou no Sanse nun encontro no que lle saíu todo a pedir de boca. Foron moitos os nomes propios do equipo de Onésimo. Un deles foi o de Gabri Veiga, que estivo nos micrófonos do Galicia en Goles.

"Estamos moi ledos porque aínda que pareza sinxelo, nesta categoría ningún é. Queremos desfrutar e seguir así para ir polo Real Unión de Irún. Estamos orgullosos porque é o que traballamos pola semana. Xuntáronse moitas cousas, intensidade, acerto de cara gol porque nos puxemos por diante en tres accións, gañamos confianza"

A nivel particular Gabri Veiga tamén se pronunciou sobre a súa actuación e a situación, a cabalo entre o traballo con Coudet e Onésimo.

"É o meu primeiro dobrete en fútbol profesional. Estou moi contento por aportar, por marcar goles e axudar ao equipo. Cada minuto que teño no Celta é un soño, e no filial o mesmo. Estou moi orgulloso de pertencer a este grupo de xogadores"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar