Publicador de contidos

Publicador de contidos

Funerarias e parroquias están promovendo a oferta de columbarios para custodiar as cinzas

Funerarias e parroquias están promovendo a oferta de columbarios para custodiar as cinzas

Para vertelas no mar ou noutros espazos naturais hai restricións e cómpre pedir permisos

En Ouzande, na Estrada, construiron un columbario equivalente a 96 sepulturas  

En Galicia a incineración xa é a alternativa elixida en máis do 40% dos falecementos

G24.gal 04/08/2026 15:22 Última actualización 04/08/2026 18:31

Moitas veces asociamos a cremación coa posibilidade de verter as cinzas no mar, pero isto só se pode facer en mar aberto e se se conta co permiso pertinente, e en terra pasa outro tanto.

O destino máis habitual para as incineracións, que en Galicia xa se dan en máis do 40% dos falecementos, son os nichos de toda a vida. Pero para quen non ten ou non quere esta opción, as funerarias e as parroquias están abrindo a oferta dos columbarios.

En San Lourenzo de Ouzande, na Estrada, foron os propios veciños os que promoveron a obra, aproveitando un pequeno recuncho libre do cemiterio. Neste pequeno espazo fixeron 24 cubículos con capacidade para catro urnas cada un, o que equivale a 96 sepulturas, e polo tanto moito máis viable por espazo e por custos co modelo tradicional.

Jose Luis Barreiro, membro da asociación de veciños que promoveu a obra, di que unha liña de tres nichos e un cinseiro, custaría entre 6 e 8.000 euros e os columbarios non chegaron a mil e cada un daría un servizo equivalente, porque ten sitio para catro urnas. Teñen claro que esta opción vai ser cada vez máis habitual noscamposantos, sobre todo polas limitacxións de espazo.

De feito xa lles pediron asesoramento desde outras parroquias de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade