Publicador de contidos
Publicador de contidos

A feira funeraria de Ourense acolle as últimas novidades dun sector punteiro en Galicia

A feira funeraria de Ourense acolle as últimas novidades dun sector punteiro en Galicia

En Funergal hai máis de medio cento de expositores, presentacións e conferencias ás que asisten profesionais dunha vintena de países

G24.gal 16/05/2024 16:14

Cambiarán as modas, os materiais e pode que ata os ritos ou cerimonias, pero a industria funeraria é un negocio en que sempre haberá un nicho de mercado.

Estes días celébrase unha feira do sector en Expourense coas últimas novidades e outras curiosidades, coa vista posta na tecnoloxía e a sostibilidade. Vehículos de luxo transformados en coches funerarios, velorios dixitais ou ataúdes de cartón, por exemplo.

En Funergal hai máis de medio cento de expositores, presentacións e conferencias, ás que asisten profesionais dunha vintena de países. Destacan empresas pioneira nos velorios dixitais con furnas pensadas para o dó xestacional.

Na feira están dispoñibles todo tipo de produtos e servizos porque os tempos cambian, os produtos e os materiais. Hai urnas, por exemplo, que se dilúen en apenas unha hora, outra das propostas innovadoras da feira.

E resulta inevitable levar a vista a este coche, un transporte de luxo para a outra vida. Atenden as peticións dos clientes, pero ademais non deixan de buscar novas ideas que se poden ver en Funergal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade