Publicador de contidos

Publicador de contidos

Friol aspira a ser o mellor destino rural deste 2025

Friol aspira a ser o mellor destino rural deste 2025

É o único concello galego da convocatoria que cada ano lanza a plataforma Escapada Rural

Compite con outras nove localidades, a plataforma destaca do municipio lugués a súa paisaxe, arquitectura e gastronomía

G24.gal 10/09/2025 14:35

O concello de Friol é o único galego que pode converterse no mellor destino en España para unha escapada rural neste 2025. Compite por ese título con outras nove localidades. Para os que naceron neste concello:

 "Sempre foi o mellor sitio para min", comenta un veciño.

Tamen eloxian o concello os que o escolleron para vivir. 

 "Está moi ben, tanto para vir de escapada ou para vivir aqui", di un mozo.

E agora está a un paso de ser o mellor destino rural de España. Friol é un dos dez finalistas do concurso da plataforma Escapada Rural.

 "Xa estar entre os dez finalistas danos moita visibilidade, fai que se nos coñeza, se por riba gañamos, sería impresionante", explica a concelleira de Cultura, Ángeles Buján. 

E tributos non lle faltan: paisaxe, arquitectura, gastronomía...

"O pan de Ousá e o queixo de Friol os mellores", di un veciño; outra asegura que: "Ten moitas cousas boas, boas comunicacións, moitos monumentos para ver e un sitio moi tranquilo"

As votacións na Rede xa comezaron, e o Concello anima todo o mundo a votar para alzarse co primeiro posto. Hai ata o 26 de outubro para facelo.

"A votar todo o mundo por Friol", anima un veciño. Outra muller asegura que: "O meu marido é de aqui e fixome ilusión, mandéillelo ás miñas amigas en Cataluña para que voten"

Unha década poñendo no foco turístico as vilas do rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade