Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os prezos das viaxes redúcense ata un 30% en setembro

Os prezos das viaxes redúcense ata un 30% en setembro

O inicio do curso escolar marca tamén a fin da temporada alta nas axencias de viaxes

Os prezos caen entre un 15 e un 30 por cento, dependendo do destino e do avanzado que estea o mes

Setembro segue a ser unha boa opción para os que viaxan sen fillos

G24.gal 09/09/2025 14:21

Os destinos de sol e praia seguen a ser os preferidos dos viaxeiros no mes de setembro. "Algo tropical, calor, porque aquí xa empeza a vir o frío". "É máis barato, en certos destinos, e estase máis tranquilo", comentan dous clientes dunha axencia.

Setembro ten fama de ser máis barato para viaxar, pero non ocorre así durante todo o mes.

Carlos Puga, xerente de Viaxes Puga: "As temporadas dependen das vacacións dos nenos. Cando os nenos empezan o colexio, a demanda baixa e a oferta axusta os prezos".

A baixada é maior canto máis nos achegamos a finais de mes.

Benito Domínguez, director de Viaxes Low Cost: "Hai unha diferenza palpable con respecto aos mesmos destinos en agosto ou xullo. Depende dos destinos, pero podemos falar dun vinte ou un trinta por cento tranquilamente".

Viaxes máis económicas e destinos menos saturados son as dúas motivacións principais dos viaxeiros de setembro. Tamén para os que veñen a Galicia. 

"Sempre é máis barato en outono ca en pleno verán, e non está tan masificado". "Para Sevilla é mellor xullo e agosto, pero hai que ter boa carteira e eu non a teño". "Antes si, pero agora creo que xa non é máis barato. É igual", sinalan tres turistas de visita en Ourense.

Unhas vantaxes que fan que setembro teña cada vez máis demanda e, por tanto, vaia subindo tamén de prezo.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade