Gas butano: consellos para contar cunha instalación segura
Facer as revisións oficiais cada cinco anos, revisar a caducidade da instalación, non tapar a ventilación ou non tocar os elementos da instalación, son algunhas das principais recomendacións
Por veces escoitase que unha bombona de butano estourou, e isto ben pode ser unha imprecisión, un erro. Porque non é habitual que unha bombona estoure, senón que haxa unha fuga de gran cantidade de gas que cause unha explosión.
Para garantir o bo estado da instalación, hai que cumprir coas revisións obrigatorias, cada cinco anos, que debe realizar só persoal autorizado. Pero hai máis. Revisar a caducidade do tubo, non facer amaños na instalación e sobre todo, non tapar a reixa de ventilación.
O gas trae de serie outra medida de seguridade: non ole a nada, pero introdúceselle artificialmente un cheiro característico para alertar das posibles fugas.