Francia rectifica e non permitirá que Djokovic compita en Roland Garros sen vacina
Australia asegura que "coas circunstancias apropiadas" deixará volver a Djokovic
O serbio foi deportado onte de Australia
O Goberno francés, que hai dez días sinalara que o serbio Novak Djokovic podería participar no torneo de Roland Garros aínda que non estivese vacinado, rectificou e avisa de que todos os que compitan terán que ter a pauta completa, igual que se esixirá ao público e aos profesionais implicados.
Todo isto despois do remate do serial Novak Djokovic. O tenista serbio foi deportado e non poderá xogar o Open de Australia. Os tres maxistrados da Corte Federal déronlle a razón ao goberno do país australiano e tombaron os argumentos que presentaron os avogados do tenista.
Djokovic amosouse "profundamente decepcionado" pola decisión da xustiza aínda que asegurou "respectar o ditame do tribunal" e que vai cooperar coas autoridades correspondentes.
Con todo, Australia asegura que "coas circunstancias apropiadas" deixará volver a Djokovic. Non tería que cumprir os tres anos sen poder entrar ao país,
🧐 Australia asegura que "con las circunstancias apropiadas" dejará volver a Djokovic.
— EFE Deportes (@EFEdeportes) January 17, 2022
🎾 No tendrá que cumplir los tres años sin poder entrar al país.#AusOpen https://t.co/02WENDOT3s
A última semana foi de tolos para o número 1 do mundo, primeiro co seu interrogatorio no aeroporto, logo foi retido polas autoridades e acabou en liberdade provisional agardando o ditame que se produciu onte.