Publicador de contidos
Publicador de contidos

Francia prohibe os cualificativos como "xamón" ou "filete" para produtos de orixe vexetal

Francia prohibe os cualificativos como "xamón" ou "filete" para produtos de orixe vexetal

As porcentaxes máximas que aparecen contempladas oscilan entre o 0,50 % para moitos produtos, ata un 6 % de proporción máxima de proteína vexetal

O decreto prevé multas de 1.500 euros de máxima para os particulares e 7.500 euros para as empresas

G24.gal 27/02/2024 11:51

O Goberno francés oficializou este martes a prohibición de utilizar determinados substantivos, como 'filete', 'escalope' ou 'xamón' para os produtos que sexan de orixe vexetal, a través da publicación dun decreto no Boletín oficial.

"O texto regula o uso de denominacións tradicionalmente utilizadas para designar produtos alimenticios de orixe animal en Francia para a descrición, comercialización ou promoción de produtos alimenticios a base de proteínas vexetais", di o decreto.

A norma fixa unha lista de termos que non poderán utilizarse a partir de agora para designar alimentos que conteñan proteínas vexetais e outra de denominacións para chamar aos de orixe animal "que poden conter proteínas vexetais" como complemento, establecendo a proporción máxima de compoñentes desa última clase que poden incluír.

Outras denominacións incluídas na lista son 'bisté', 'solombo' ou 'peituga'. Na relación de produtos que si poden incluír unha proporción regulada de proteína vexetal aparecen termos como touciño, chourizo, cordon bleu, paté ou salchicha.

As porcentaxes máximas que aparecen contemplados oscilan entre o 0,50 % para moitos produtos, ata un 6 % de proporción máxima de proteína vexetal.

O decreto prevé multas de 1.500 euros de máxima para os particulares e 7.500 euros para as empresas. Tamén inclúe unha cláusula de recoñecemento mutuo que "exclúe do seu ámbito de aplicación os produtos legalmente fabricados ou comercializados noutro Estado membro da Unión Europea ou nun terceiro país".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade