Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Justo pretende que o Lugo "emocione, transmita enerxía positiva e vaia a matar"

Fran Justo pretende que o Lugo "emocione, transmita enerxía positiva e vaia a matar"

O preparador branco e vermello indicou que comezará con "conceptos sinxelos, básicos", para despois pasar "todo o máis complexo"

G24.gal 24/11/2022 15:33 Última actualización 24/11/2022 16:05

Fran Justo novo adestrador do Lugo, asegurou na súa presentación que chega coa pretensión de que o equipo, que está a tres puntos dos postos de permanencia, "emocione e transmita enerxía positiva".

"Estou responsabilizado, consciente da etapa que se inicia, coa enerxía e ideas necesarias para afrontala", indicou na súa presentación no Anxo Carro, na que estivo acompañado polo director deportivo do club, Carlos Pita.

Justo sinalou que o equipo atravesa "unha situación complexa" da que o tentará sacar co seu selo propio e aproveitando o traballo do seu antecesor, Hernán Pérez.

"Temos claro onde temos que actuar e onde dar continuidade, porque hai traballo avanzado no que nos temos que apoiar para, cos nosos matices, conseguir os puntos e os resultados", sostivo.

O preparador branco e vermello indicou que comezará con "conceptos sinxelos, básicos", para despois pasar "todo o máis complexo" cun grupo de xogadores aos que viu "con moitas ganas de traballar, de escoitar intencións e poñelas en práctica o domingo".

Fran Justo estrearase ante o Levante o vindeiro domingo no Anxo Carro e o técnico quere que "o Lugo emocione, transmita enerxía positiva e vaia a matar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos